Ela chega tarde á primeira cita co home do que está namorada, cita a cegas porque non se coñecen persoalmente. De foto si, pero non é o mesmo. El non está. Ela dubida, ¿chegaría antes e non soubo agardar? ¿haberá algunha razón que provoque a demora? ¿virá ou non virá?. Nese tempo de inquietude e de espera ela intenta explicar a súa historia, as súas emocións, a súa paixón. Como na vida, todo aquí é un xogo de ilusións e de realidades, de desenganos, de esperanzas, de soños.
Monólogo para inventar o mundo, para inventar o amor, para inventármonos, velaí a proposta que a compañía Axente das Palabras pon en escena.

NON SE CHE FAGA TARDE